Proximamente nas súas pantallas unha viaxe a un mundo misterioso e descoñecido, ou se cadra tampouco tanto. Percorremos con Isabel Risco a Coruña que fala galego.
A ver se é verdade.. :-D
Outra coruñesa que tamén Fala :-)
Non somos tan poucos coma se pensa
Fálase máis do que se pensa, eu comencei a falar galego ali mentres estudaba e moitos dos meus amigh@s tamén o falan. Eu Falo ;)
ummm...a excepción non confirma a norma...eu pasei alí moitos anos
Para min non é cuestión de contar cantos o falan e cantos o deixan de falar...
A cuestión seguirá sendo a comunicación en galego ou en castelán ou por xestos...!
Non se fixeron os galegos para a lingua... senon a lingua para os galegos !!!
Na Coruña fálase, e bastante ben. Entre os mozos é algo cada vez máis natural. O que pasa é que hai que entrarlle á xente nesta lingua para que haxa conversa, se non a maioría está co "chip" castelán. Se escaravellamos un pouco na súa superficie, A Coruña ten bastantes espazos galegofalantes... e podía haber máis. Este é un deles: http://conversasgalegas.blogspot.com/2009/03/conversas-galegas-na-coruna.html
E segue habendo as conversas dos sábados no Matthews?
Outra que tamén o fala, nacida e actualmente vivindo en Coruña city!! ainda somos un lote!! XD e conhezo uns cantos mais !!!
Para deixar un comentario tes que acceder a eufalo.TV. Se usas Facebook poder facer click no botón da dereita, ou tamén acceder ao xeito clásico.
Proximamente nas súas pantallas unha viaxe a un mundo misterioso e descoñecido, ou se cadra tampouco tanto. Percorremos con Isabel Risco a Coruña que fala galego.
Código para o teu blog
Neda York é un grupo de rapaces de Neda que fan música e participaron no festival "A mocidade coa lingua", que organiza o Concello de Ferrol.
Desde a web Ferrol con lingua envíannos unha entrevista feita ao xerente do Racing de Ferrol, Antonio Aneiros: "Antonio cóntanos que se fala no campo de xogo, no mundo do deporte, na cidade de Ferrol. Escoitamos unha historia que chega desde a dilatada experiencia dun home que nos engancha coa súa actividade e dinamismo".
Os centros sociais son algúns dos lugares onde se xunta a xente nova que fala galego, case un núcleo de resistencia. Visitamos con Leo o Centro Social A Revolta, na rúa Real do casco vello de Vigo. Penúltima entrega da serie "En Vigo fálase".
Terceira entrega da serie "En Vigo fálase". O Leo i Arremecághona lévanos pasar a tarde ao Berbés para botar a partida.