Por que veño ao Celga?

Achegámonos ata os exames do Celga en Santiago para falar con algunhas das persoas que se presentan para obter este certificado.

8 comentarios

Fran Diéguez

Fran Diéguez

1 de febreiro

Quédome coa última frase: "É simplemente unha arma política" entendo que a pregunta foi se existe esa confrontación real na rúa do galego contra castelán.

Vendo o vídeo decátome da cantidade de prexuízos e de tópicos que aínda existen sobre o galego entre os propios galegofalantes. É unha pena, mais é así...o peor é que eses tópicos e eses prexuízos son os que están a facer que a lingua se resinta e se vaia perdendo.

"eu estaba totalmente en contra do galego normativo", "porque eu teño o meu galego"....esa frase dá a pensar que o galego nunca pode estar normativizado, que é unha lingua que só serve para a rúa e que non pode acceder ao nivel culto. Típico prexuízo! Ese prexuízo amosa autoodio. Ao mesmo que outra persoa que dixo que prefire falar o normativo porque é castelán pero con outras palabras: compara o galego co castelán, pensando que o galego non é tan fino como o castelán e que polo tanto ten que cambiar a súa fala para ser máis fina e para que non a consideren unha "burda paleta". Dáme moita pena a verdade!

Ao mesmo que outros comentarios: vexo mal que obriguen a facer o exame, debe ser iniciativa persoal. Parece que se presenta o galego como unha imposición, aínda que a propia persoa que fala sexa galegofalante...porén, me gustaría preguntarlle se considera que ter que facer todo en castelán non é unha imposiciín...de seguro que contestaría que non.

Habería que dicirlle a esa persoa que exames como os do celga existen tamén en Europa co resto de linguas minoritarias europeas: caso do Irlandés, caso do Sueco, caso do luxemburgués, caso do portugués noutros lugares diferentes a Portugal e un longo etc...parece que o galego non pode esixir ese exame porque é imposición!! Desde o meu punto de vista todas as linguas deben esixir un exame para coñecer o nivel que se ten nese idioma e para poder acceder a calquera traballo na Admón! É o mínimo para saber se esa persoa pode atender o resto nun idioma minoritario!

A verdade é que este vídeo me deixou con moi mal sabor de boca...para as cinco, seis persoas que se entrevistaron, escollidas ao chou...todos teñen un pensamento similar...decátome que aínda queda moito por facer para que a xente galega deixe de ter eses complexos que ten e que mostra con só abrir a boca!

Ata os estranxeiros teñen mellor visión do noso idioma!

Xose Rodriguez

Xose Rodriguez

3 de febreiro

E eu pregúntome, toda esta xente é bastante nova, eu tenho 34 anos e a min no instituto ensináronme as nocións básicas de sociolingüística, a necesidade dunha norma, que a gheada "NON É INCORRECTO", que todas as linguas tenhen unha variante culta... pero que fixeron os profesores de galego os últimos 20 anos? centrarse só na análise sintáctica ou??? de verdade que pasou? e incluso os profesores do CELGA, non dan unhas nocións de sociolingüística??? vese ás claras a necesidade. Éche ben máis importante traballar algo aí e valorar a lingua propia, sabendo que hai unha norma culta á que podes ir cando queiras, que saber se é tixola ou "sartén".

Xabier Cid

Xabier Cid

12 de febreiro

Aghasús, o da pucha.

Xabier Cid

Xabier Cid

12 de febreiro

Por 15€!! Esa muller é xenial!

Carlos Jamardo

Carlos Jamardo

2 de marzo

A rapaza do xersei polos ombros semella moi cabreada pero ten máis razón ca unha santa: representantes políticos que non poñen un pronome persoal no lugar axeitado nin de casualidade, o "i" ao modo portugués para así seren máis modernos e que quede ben clariño que "galego si, máis non ese galego aldeán, que eu moro en Compostela e me gosta que se note"...

Josep Cañas

Josep Cañas

20 de marzo

Yo soy el catalán que sale en el video.. pero tambien quiero aprender a hablar en gallego. Mi familia no es de galicia y no tengo relaciones familiares, pero si de amistad con mucha gente de galicia.
Eu estou aprendendo a falar un pouquiño do galego, máis ainda non falo bem..

Itziar Gon

Itziar Gon

24 de maio

Pois a min gustoume o vídeo, porque saen todo tipo de opinións, e cada persoa opina según as súas circunstancias lingüísticas e polo tanto penso que todos/as podemos comprender as diferentes posturas, aínda que non as compartamos porque cada un ten unha experiencia particular co galego.
O da proba paréceme moi ben, aínda que é normal que lles joda á xente que fala jallejo de toda a vida, pero é o que hai... algún medio haberá que empregar para seguir mantendo un valor cultural: a lingua galega.

Para deixar un comentario tes que acceder a eufalo.TV. Se usas Facebook poder facer click no botón da dereita, ou tamén acceder ao xeito clásico.

31 de xaneiro | Nós falamos

Por que veño ao Celga?

Achegámonos ata os exames do Celga en Santiago para falar con algunhas das persoas que se presentan para obter este certificado.

Tags: Celga

Gústalle a 13 persoas

Chimpín ChimpinRaquel de PenasTamara Márquez CoiradasBerto YáñezSakMaría YáñezRamón D. VeigaXABIER MAGARINHOS GONZALEZManu MayoGala GonzálezJosep CañasIván Gómez Blancomarcos vazquez rendo

Descarga e difunde

codigo

Código para o teu blog

Outros vídeos: Nós falamos

Estudantes de Educación Infantil da Universidade da Coruña

Mozas e mozos dunha clase e Educación infantil quixeron contarnos en poucas palabras a súa relación coa lingua: en que falan e por que. A maioría son castelán falantes case todo o tempo, e aínda así falan galego estupendamente.

Estudantes de Ciencias da Comunicación da USC

Metémonos nunha das clases de Xornalismo da Universidade, e os estudantes quixeron compartir connosco cadansúa historia lingüística, ao máis puro estilo das terapias de grupo, pero micrófono en man como nos talk-shows.

Os nenos e o galego

En que falan os máis pequenos? En que falabamos nós cando eramos máis novos? Falamos o mesmo na casa que na escola?

Esta web é un produto de
A Navalla Suíza