Grial Parga enviounos este vídeo no que entrevista as súas sobriñas Xiana (9 anos) e Ánxela (6 anos), que naceron e viven en Lugo.
Levade a Ánxela ao cine! :)
Para deixar un comentario tes que acceder a eufalo.TV. Se usas Facebook poder facer click no botón da dereita, ou tamén acceder ao xeito clásico.
Grial Parga enviounos este vídeo no que entrevista as súas sobriñas Xiana (9 anos) e Ánxela (6 anos), que naceron e viven en Lugo.
Xiana fala perfectamente galego e castelán, e no colexio ten a maioría das asignaturas en galego. Ánxela de momento só fala en castelán, que é tamén a única lingua que lle aprenden na escola. Ás dúas gústanlles moito os libros en galego.
Código para o teu blog
A colocación correcta dos pronomes átonos é unha das maiores dificultades que afrontan os galegofalantes, sobre todo os neofalantes urbanos, pero non só eles. O noso profesor ilústranos con interesantes exemplos cales son os tipos de colocación destes pronomes e propón algunha solución que podería facer a vida do galegofalante máis grata e libre.
Un novo vídeo de Caralladas: "Carmen, Vanesa, Manuel e Ramón cóntannos a súa historia. Son de Vimianzo e de Coristanco, e viven en Santiago, A Coruña e Canarias. A pesar de que todos eles viven e traballan en ambientes 100% galegofalantes, e de falarlles aos seus fillos en galego, os rapaces están aprendendo a falar en castelán. Por qué?"
Novo vídeo da serie de entrevistas enviadas por Vixía e Caralladas. Lola, Lilas e Raimundo viven en Seixo (Marín) e as súas impresións sobre o galego son bastante parecidas ao que pensan moitas outras persoas da súa xeración, nacidas polos anos 40 e 50.
Diego Iglesias envíanos outra colaboración (aquí a primeira), que presenta deste xeito: "Vinte e sete anos despois, poñemos rostro a unha das voces míticas do Arquivo Sonoro de Galicia. Carmucha foi muiñeira, vive en Loira e é unha grande conversadora."