Xulia ten seis anos e fala seis linguas: galego, francés, castelán, inglés, portugués, neerlandés, e algunha outra. Vive entre Bruxelas e Vigo.
hahahaha, fala tanatas que non sabe nin cantas sabe, que riquiña. E aínda ten tempo para inventar outro idioma. O caso é querer! Éntrame gana de ter un ser así, pero despois pénsoo e buf. hahahaha.
grande a nena!!! esta nena é un bo exemplo de políglota, é a miña idola!!
Eu tamén quero falar toco!
vai a lingua por ano. cando chegue a adolescente vai meter medo!! e que alguén vaia entrevistar ó gato, por diossss....
Outro video máis que hai que ensinarlle a moita xente. Querémoste, Xulia por todo o que significas sen sabelo aínda, polo alento que das aos que queremos a todas as linguas do mundo. Grazas.
Xulia é o futuro da Galiza!! eu de min que vai a chegar a Presidenta. Non lle falta nin talento nin encanto nin conciencia e orgullo pola súa identidade.
o bo de todo é que ela nin sequera sabe o que significa orgullo. Todo é máis natural do que nos fan crer algúns. VIVA XULIA!
PARABENS, segue asi sempre co galego por diante, que non se diga.
Incrible!!! Qué crack e qué exemplo!!!
Incribel!! Ogallá todos os raparigos galegos tomaran exemplo... Norabóa Xulia
Que medo, nunca tal se víu.
Xulia for President !
Vaia rapaza máis lista!!! Non só polo uso do galego :)
Viva Xulia!
Exemplar. Que gustazo oir e ver esta nena. Viva Xulia!
Con 6 anos e esa espabilación... esta rapaza vai chegar lonxe!
Realmente un gustazo!! Todo un exemplo.
XDDDD
Que fenómena e que grande Xulia! (...a pesar de ter só 6 anos)
Noaraboa Xulia! grazas polas túas palabras!!
Parabéns para Xulia e para a nai por darlle esa boa educación...
Xulia leu todos os comentarios e riuse moito, e dixo, nai, qué xente máis divertida, asi que manda grazas e di que vai facer un dibuxo para cada un de vós.
Súa nai (que está aparbada con ela)
Xa teño uns aniños pero inda así emocioneime ao escoitala. Unha mágoa que os nenos da nosa terra non saiban o galego e ela que vive fóra si o saiba. Como dixo alguén por aí arriba: Xulia for president!!! Grazas Xulia, Grazas MamiXulia.
Non é lista nin nada a rapaciña, o que máis me fixo rir foi cando dixo as suas preferidas palabras en galego... jajaja.. "non" e "mércame"... boísima.
Noraboa Xulia, polo lista que eres e pola nai que tes.
Nada, hai que refundar Galicia desde fóra polo visto, e despois facer presidentes deste triste país a futuros xenios coma Xulia.
Xulia, és un encanto de rapaza. Un bico moi grande para ti e para a tua nai da nosa parte.
Que lle enseñen isto aos do PP,a ver si así lles cae a cara de vergoña.Ten seís anos a meniña,e algúns con case 40 non saben ou non queren saber,o idioma,a lingua da súa terra de traballo.A identidade dos que os votan que vergoña dan Sr.s da Xunta.
Que marabilla de Xulia!!! Facía falta unha así, polo menos, en cada casa. Que siga así que fan falta tradutores galegos por todo o mundo. Unha aperta forte para esta nena extraordinaria
Emocionante.
impresionante! Para que despois digan....
da gusto vela!!!=)
que bonitiña!!! O mellor cando raña as costas contra a parede XDDD...
Vaia meniña!! Mentres outros nenos da propia Galiza avergoñados do seu idioma...que noxo me dan!! En cambio ela!! Xa me gustaría ter unha igual!!
A Xulia!!! Que riquiña. Coñecina este verán en Brión.
Moitisima xente tiña q aprender desta rapazaa!!!!!
Parabens á nai de Xulia pola educación aberta, asentada na terra, universalista e libre de prexuizos que está favorecendo na nena. Exemplo para outros que se obstinan en ancorarse na ignorancia de saber exclusivamente español e ainda tenhen fachenda de cerrarse ao mundo. E parabens á Xulia.
Espetacular, a Xulia e este projeto. Fai mais um vídeo como este que dez artigos sisudos. ;-)
é que galiza, por sorte ou desgraza, sempre se mantivo grazas aos emigrantes (alguns emigrantes, porque hai de todo)
Que riquiña!
pareceme unha burrada que unha rapaza tan pequena aprendese tantas linguas
estaría moi orgulloso de ter unha filla así!!
Hola! paréceme extraordinario o dominio de linguas que ten Xulia!! E por enriba fala o galego! Un exemplo a seguir. O luns estiven en Bruxelas, no parlamento, con súa nai, Ana, unha muller fantástica. Despois de coñecela, todo se entende. Si, son unha rapaza do grupo da E.O.I. de Santiago! Saúdos.
O comentario anterior foi eliminado por non axustarse as condicións de uso.
http://eufalo.tv/axuda/ollino/
Rapaces coma Xulia dannos a esperanza de que a nosa lingua non se converta nun "latín" de libro. Agardo que non abandoes a liña. Grazas a ti e aos teus pais.
Paréceme unha pasada! Ademáis ten unha pronunciación moi boa en tódalas linguas! A min por curiosidade gustaríame saber cómo fai a nai e o pai para ensinarlle tantans linguas! Imaxino que algunha a aprenderá na escola... pero... na casa? Como se poden ensinar dúas linguas ou máis á vez? A min só se me ocorre a modo de castrapo... Que encanto de rapasiña ;))
Adorable, querémola :)
Impresionante, non sei se algún día terei un fill@ que fale tantas linguas, pero de seguro que o galego estará entre as que fale.
Norabóa a Xulia e a súa nai. Por sorte o de crialos fillos en galego estando na emigración non é tan inusual. Na idade de Xulia as miñas fillas falaban catro idiomas (algún daquela maneira), a lingua nai escoitarona dende o primer segundo de vida e ata hoxe non deixaron de falala. Sei tamén doutros casos, a maioría emigrantes galegos en Suiza
Para deixar un comentario tes que acceder a eufalo.TV. Se usas Facebook poder facer click no botón da dereita, ou tamén acceder ao xeito clásico.
Xulia ten seis anos e fala seis linguas: galego, francés, castelán, inglés, portugués, neerlandés, e algunha outra. Vive entre Bruxelas e Vigo.
Código para o teu blog
Vanessa, Ness, é de Birmingham e leva tres anos estudando galego na Universidade da súa cidade. Dende alí cóntanos que é o que máis lle gusta do galego e como ve a súa situación dende fóra. A entrevista fíxoa Séchu Sende.
Maruja leva toda unha vida falando en galego, dende que naceu no Grove en 1922. O seu neto Gonzalo fala con ela e mais co seu curmán Antón, de 11, que é o único neno que fala galego do seu colexio en Santiago.
Carlos e Zeus son de Vilalba e non falan galego, aínda que moita xente do seu entorno si.
Eva e Fran son médicos e viven na Coruña. Non falan galego, pero teñen intención de que a súa filla o aprenda.